Evento: Las damas inéditas de Díaz Pardo
Las damas inéditas de Díaz Pardo
Las damas inéditas de Díaz Pardo
Cinco mulleres protagonistas nesta mostra inédita
Atlántica Centro de Arte, como colaborador da Casa Picasso da Coruña, inaugura unha exposición de obras de Isaac Díaz Pardo.
Dentro do ciclo Obra Invitada, Arteca dá a coñecer oito obras inéditas realizadas polo artista galego entre 1946 e 1948.
A mostra inclúe un bodegón e un autorretrato de 1947, aínda que as protagonistas da exposición son as mulleres, presentes en catro cadros de damas con abanico e un retrato da muller do pintor.
Ligazóns