Evento: O poder do Arcabuz
O poder do Arcabuz
Danza e baile tradicional galego, danza contemporánea, música e teatro. De todo isto está composto a obra 'O poder do arcabuz', unha descrición surrealista dunha historia sobre as inxustizas e o poder, baseada na Revolta Irmandiña, entendida como un musical no que se fusionan distintas artes escénicas.
A peza está protagonizada por dous personaxes principais (a nobre e o capitán irmandiño), dous secundarios (xefes) e 30 bailaríns corais (irmandiños e hostes). Unha proposta ben interesante que podes ver no Auditorio de Galicia de Santiago.
As entradas están dispoñibles na Internet, no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21 horas) e na billeteira do Auditorio de Galicia (só os días de espectáculo a partir das 18 horas).