Evento: Virginia Brown & The Shameless

Virginia Brown & The Shameless
sábado, 29 outubro, 2016 - 20:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Virginia Brown & The Shameless

Formación de orixe siciliana que trae ao Outono Códax Festival unha fascinante mestura de ritmos afrocubanos e rhythm&blues

Banda siciliana que está a ser un dos revulsivos do actual panorama musical do xénero coa súa explosiva mestura de rhythm&blues e ritmos afrocubanos.

Cunha atronadora voz, un piano boogie, unha exquisita guitarra, un potente saxo, un sedutor baixo e unha batería chea de swing estes virtuosos resucitan o auténtico son de clásicos coma Clarence Garlow, Fats Domino, Smiley Lewis, Dave Bartholomew, Lee Allen ou Professor Longhair.

Unha explosión de enerxía a base de mambo, rumba, stroll e boogie ou, o que é o mesmo, rhythm&blues ao estilo Nova Orleáns. A formación debutou discograficamente en decembro de 2015 co seu primeiro álbum, Big Town. Nel preséntase como unha perfecta banda de Nova Orleans, pero cun estilo propio marcado por elementos típicos da música siciliana.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo