Evento: Hamlet
Hamlet
Miguel del Arco adapta e dirixe ‘Hamlet’ de William Shakespeare no ano no que se fan 400 da morte do escritor inglés. Trátase dunha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Kamikaze Producciones, protagonizada por Israel Elejalde, Ángela Cremonte, Daniel Freire ou Ana Wagener, entre outros.
SINOPSE
Hamlet, tras a morte do seu pai a mans do seu tío Claudio e a voda da súa nai co seu tío, emprende a súa vinganza contra el. Para iso farase pasar por tolo para tentar conseguir o seu obxectivo. O Rei utilizará as súas malas artes implicando a Laertes nunha pelexa a matar para desfacerse de Hamlet. A desgraza da súa amada Ofelia, irmá de Laertes, complicará aínda máis a situación até chegar a un desenlace tráxico no que a morte arrasará o palacio de Elsinor.