Evento: Jupiter/Okwess

Jupiter/Okwess
sábado, 22 outubro, 2016 - 00:45
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Jupiter/Okwess

Afrofunk animado, ritmos hip-hop, jams de rapidísimas guitarras desde O Congo

Afrofunk animado, ritmos hip-hop, jams de rapidísimas guitarras: a música de Jupiter Bokondji reflicte as súas moitas experiencias. Nado en Kinshasa, empezou a tocar cando a súa avoa, unha curandeira tradicional, en cerimonias e funerais. En 1974, o seu pai, diplomático, foi enviado ao Leste de Berlín, onde Jupiter descubriu o rock. Logo voltou a Kinshasa convencido de que a música que escoitara en Europa tiña raíces na historia dos 450 grupos étcnicos doCongo e que esa música podería ser unha forza unificadora.

Viaxou polo país, desenvolvendo o seu estilo, e en 1990 estivo xirando polo continente con Okwess International. En 2007, logo do caos que deixou a guerra civil, convertiuse no suxeito dun documental francés, ‘Jupiter’s Dance’, o que centrou a atención nel e o levou de novo a Europa, con colaboracións con Damon Albarn no seu exitoso ‘Hotel Univers’, que o levou a Womad, Glastonbury, Europa e Xapón. Este ano, novo álbum: ‘Troposphere 13’.

Jupiter Bokondji Ilola – voces, tam tam
Yende Balamba Bongongo – voces, baixo
Blaise Sewika Boyite – voces, shaker/tools
Richard Kabamga Kasonga – guitarra
Eric Malu-Malu-Muginda – guitarra
Montana Kinunu Ntunu – tambores

Actuación dentro dos concertos da Praza da Quintana do Womex 2016

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura