Evento: Puerto Candelaria

Puerto Candelaria
xoves, 20 outubro, 2016 - 00:45
Praza da Quintana,
Santiago de Compostela

Puerto Candelaria

Formación que evolucionou desde o jazz colombiano ao burbulleo de todos os estilos de hoxe

Puerto Candelaria é o lugar real e imaxinario onde vive a banda underground máis innovadora e independente de Colombia. De aí sacn a súa inspiración, liderados polo incansable Sargento Remolacha, a.k.a. director e tecladista Juan Valencia.

Despois de 16 anos, Puerto Candelaria evolucionou desde os seus comezos no jazz colombiano ao burbulleo de todos os estilos de hoxe, apuntando acedos e humorísticos comentarios sobre a vida política colombiana mentres mesturan xéneros, desde o porro ao ska, vallenato e máis alá, gañando unha chea de fans na casa e máis aló.

Juan Diego Valencia – director, piano
Eduardo Gonzalez – baixo
Harlinson Humberto Lozano – saxo
Cristian Camilo Rios – trombón
Carlos Didier Martinez – percusión
Magaly Alejandra Alzate – vocalista

Concerto dentro das actuacións do Womex 2016 na Praza da Quintana.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
15 de xuño
Museo de Belas Artes
Candlelight: Queen vs. ABBA
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Candlelight: Tributo a Coldplay
15 de xuño
Campillo de San Francisco, 3
Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5