Evento: Helena, xuízo a unha lurpia
Helena, xuízo a unha lurpia
Helena, xuízo a unha lurpia
Proposta de teatro clásico que chega da man de Teatro do Atlántico
'Helena, xuizo a unha lurpia' ofrece un relato cargado de paixón, tenrura, dignidade e humor no que se aborda, no século XXI, o drama de Helena de Troia, unha personaxe da mitoloxía grega. Trátase dun texto orixinal de Miguel del Arco que pon en escena María Barcala.
Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao e a amante de París navega pola súa travesía vital e emocional. Rexeita a historia que se contou da súa vida e ofrece a súa versión dos feitos.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

18 de maio, 18:00
Auditorio Manuel María - O Carballiño - Ourense

18 de maio, 19:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra

23 de maio, 12:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña

23 de maio, 20:30
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña