Evento: Alla scoperta della Sicilia
Alla scoperta della Sicilia
Imos viaxar! Profundando coñecementos sobre a lingua italiana, achegándonos a unha das súas vinte rexións, á illa máis grande do Mediterráneo, a Sicilia. Os alumnos poderán descubrir curiosidades da illa, a súa historia, literatura, etc., mentres melloran os seus coñecementos da lingua italiana. As actividades propostas baséanse principalmente no método comunicativo. Haberá breves exposicións nocionais seguidas de prácticas dirixidas á realización de pequenos proxectos en grupo cunha posta en común.
Destinatarios: adultos cun nivel mínimo de italiano equivalente a A1. 20 prazas
Imparte: María Concetta Brigandi, nativa italiana, filóloga e lingüista
Datas: sábados, 15, 22, e 29 de outubro, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro, de 11 a 13 horas
Solicitudes cubrindo este formulario. Admisión por orde de petición