Evento: Festival do Leite

Festival do Leite
sábado, 17 setembro, 2016 - 14:00
Parque de Belvís,
Santiago de Compostela

Festival do Leite

Romaría para toda a familia con fins solidarios

A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que a organización quere salientar a importancia cultural e económica do leite para Galicia. 

Comezarase cunha sesión vermú moi especial, con Os da Ría e Tony Lomba, ás 14h. Completan o cartel Novedades Carminha, Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Los Árboles, Ataque Escampe, Los Chavales e Oh Ayatollah.

Haberá postos de comida e bebida. A idea que se ten para o festival é que funcione coma unha romería.

A entrada será de balde, pero a organización agradece que, na medida do posible, os participantes aporten nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite desde os seus inicios.

Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.

Máis información, aquí.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos