Evento: Festival do Leite
Festival do Leite
A primeira edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que a organización quere salientar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.
Comezarase cunha sesión vermú moi especial, con Os da Ría e Tony Lomba, ás 14h. Completan o cartel Novedades Carminha, Familia Caamagno, Eladio y Los Seres Queridos, Los Árboles, Ataque Escampe, Los Chavales e Oh Ayatollah.
Haberá postos de comida e bebida. A idea que se ten para o festival é que funcione coma unha romería.
A entrada será de balde, pero a organización agradece que, na medida do posible, os participantes aporten nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite desde os seus inicios.
Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.
Máis información, aquí.
Máis eventos de tipo Festival