Evento: Eroski Paraíso

Eroski Paraíso
venres, 28 decembro, 2018 - 20:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar
Espectáculo de teatro a cargo do Grupo Chévere

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Luís Martínez, Fidel Vázquez

 Eroski Paraíso é o resultado dun traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Como tantas outras familias emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.Eroski Paraíso é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, como se tivese estado parada exactamente no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu arredor. Unha maneira coma calquera outra de retratar o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria.

 

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Ándale! Bon appétit!
14 de xuño, 20:00
Auditorio Municipal - Cedeira - A Coruña
O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense