Evento: Coro Cántigas da Terra

Coro Cántigas da Terra
domingo, 7 agosto, 2016 - 21:30
na Praza Conde de Fontao ,
Foz

Coro Cántigas da Terra

Formación que leva cen anos recuperando e partillando a música e as tradicións galegas

Cántigas da Terra foi fundado en 1916  co gallo de recuperar e espallar a música e a cultura galegas. O seu repertorio conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos,foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío ou alboradas.

Procuran tamén a preservación do traxe tradicional, buscando antecedentes históricos e estudando as variación das distintas comarcas, así como o coidado da lingua galega coa recollida de termos propios. Tamén recollen todo tipo de instrumentos musicais populares, recuperando os xa en desuso.

Concerto dentro da programación de lecer e cultura Galicia Culturea. Trátase dunha programación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a dinamización cultural do verán en distintos concellos de Galicia

Espazos alternativos en caso de choiva:

Miño. 20 de agosto, ás 20:30 horas na Praza do Parchís e, no caso de choiva, no Auditorio Municipal do Centro Social da Rúa.

Máis eventos de tipo Concerto

Catas sonoras
10 de xullo
Museo do Viño de Galicia
Picadiscos
11 de xullo
Campo da Festa de Urdilde