Evento: Banda Crebinsky

Banda Crebinsky
sábado, 26 outubro, 2024 - 23:45
Laroom,
Ferrol
Concerto-presentación do disco Jet Lag

Esta agrupación saca no 2010 o seu primeiro disco, titulado Banda Crebinsky, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comeza a ofrecer concertos en diversos formatos e acadan importantes premios.

En marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco, Jet Lag, publicado por Boa Música, no que a Banda opta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos,f ranxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Gravan o videoclip de Un piatto dirixido por Enrique Otero para o Festival de cine de Cans. Os concertos realizados no Festigal 2012, Ortigueira 2013 e Festival da Luz son emitidos pola canle de televisión R.

Compoñentes: Pablo Pérez Sanmamed (composición e contrabaixo), Sergio Zearreta (voz), Vadim Yukhnévich (voz e baián), Enrique Otero (teclados e voz), Fernando Abreu (clarinete, mandolina e voz), Pablo Carrera (guitarra), Xacobe Lamas (violín) e Miguel Queixas (batería).

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense