Evento: Obradoiro de stop-motion
Obradoiro de stop-motion
A técnica de stop motion é un método de animación que consiste en finxir o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas tomadas da realidade. Resulta moi atraente para os nenos e nenas, xa que están máis familiarizados coa animación e posúen unhas características plásticas cargadas de tactilidade. Permite enfatizar nas diferentes capacidades creativas dos participantes adaptadas ás distintas idades e intereses: desde a manipulación de distintos materiais, pasando pola interpretación ata a aprendizaxe das diferentes fases de guionización e os programas de edición.
Neste obradoiro os participantes serán creadores e actores, terán un achegamente ao mundo do cinema dende o xogo e a lectura.
Na primeira sesión faremos unha aproximación á técnica stop motion mediante explicacións e exemplos visuais. A continuación leremos os textos cos que imos traballar e tomaranse decisións sobre como realizar a nosa adaptación. Nas seguintes sesións realizaremos todo o proceso de producción dunha animación: deseño e elaboración de personaxes, decorados ou fondos, story board, captura de fotografías, dobraxe...
Compañía: Gargallando
Datas: 11, 12, 13 e 14 de xullo
Hora: 12:00 h
Duración: 90 minutos cada sesión
Lugar: Biblioteca de Galicia
Público: de 7 a 11 anos
Prazas: 15