Evento: Verso busca Voz - Espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María
Verso busca Voz - Espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María
O Día das Letras Galegas terá como acto central no Gaiás Verso busca Voz, un espectáculo multimedia co que poñer en valor a figura e a obra do poeta lucense.
Así, a Cidade da Cultura convida á cidadanía a poñerlle voz aos versos de Manuel María nun recital colectivo que contará coas improvisacións musicais en directo do artista Koroiev e as videocreacións de DSK. O acto completarase coa actuación dos participantes no Obradoiro de poesía e rap celebrado ese mesmo día na Cidade da Cultura, que interpretarán as composicións resultantes.
E como broche final, público e participantes están convidados a gozar dun aperitivo cultural cortesía das marcas Caurelor e Eidos de Iria.
+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/verso-busca-voz