Evento: Verso busca Voz - Espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María

  • Homenaxe a Manuel María
Verso busca Voz - Espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María
martes, 17 maio, 2016 - 12:30
Centro de Emprendemento Creativo de Galicia,
Santiago de Compostela

Verso busca Voz - Espectáculo multimedia homenaxe a Manuel María

Pórlle voz ao poema preferido do poeto chairego e acompañado das improvisacións musicais de Koroiev e as videocreacións de DSK

O Día das Letras Galegas terá como acto central no Gaiás Verso busca Voz, un espectáculo multimedia co que poñer en valor a figura e a obra do poeta lucense. 

Así, a Cidade da Cultura convida á cidadanía a poñerlle voz aos versos de Manuel María nun recital colectivo que contará coas improvisacións musicais en directo do artista Koroiev e as videocreacións de DSK. O acto completarase coa actuación dos participantes no Obradoiro de poesía e rap celebrado ese mesmo día na Cidade da Cultura, que interpretarán as composicións resultantes.

E como broche final, público e participantes están convidados a gozar dun aperitivo cultural cortesía das marcas Caurelor e Eidos de Iria.

+ info e inscricións: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/verso-busca-voz

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O máis natural
3 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense