Evento: Reikiavik

Reikiavik
venres, 8 abril, 2016 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Reikiavik

Texto e dirección de Juan Mayorga, que manterá un coloquio co público ao remate do espectáculo

Dous homes reconstrúen ante un neno o campionato do mundo de xadrez entre Boris Spasski e Bobby Fischer

César Sarachu, Daniel Albadalejo e Elena Rayos compoñen o elenco de actores de "Reikiavik", unha historia protagonizada por Bailén e Waterloo, dous homes que toman os seus nomes de derrotas napoleónicas. O centro da trama: o duelo de xadrez de Reikiavik disputado en plena Guerra Fría. 

As entradas teñen un prezo de 12 euros para público xeral e de 6 euros con desconto (desempregados, maiores de 65 anos e menores de 25, xubilados, estudantes, familias monoparentais e numerosas e preceptores de rendas sociais).

O propio Juan Mayorga, nomeado finalista dos Premios Max a mellor autoría teatral, estará na cidade para manter un coloquio co público ao remate do espectáculo. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos