Evento: Cigani

  • Cigani
Cigani
xoves, 25 agosto, 2022 - 12:00
Praza da Peza,
A Pobra do Brollón
Espectáculo de novo circo de Antón Coucheiro - Pistacatro

Un xitano balcánico chegou á cidade. Chega sen papeis, infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non sabe comportarse, é un auténtico furacán na rúa. A xente rirá e chorará con él, porque todos levamos a un neno dentro con ganas de xogar.

Tocará, bailará, cantará, fará malabares con ladrillos, boxeará cos seus fillos, casará coa súa muller, dispararalle, roubaralle a carteira, fuxirá da policía, fará de todo por arrincarlle un sorriso... e uns euros. Ao final, culminará co grande número da mini-moto e o salto mortal a través do Aro de Lume. Descarado, delincuente, polígamo, macarra, encantador, xenial. Chega de Macedonia, seu pai é de Plátano, súa nai de Fresa e él de Melocotón e chámase… Ciganî!

Un espectáculo inspirado nos personaxes e na estética dos filmes de Emir Kusturika. A participación directa do público é esencial neste espectáculo de rúa, o clown, a improvisación, o happening e os números cómicos con voluntarios fan que cada función sexa diferente e non deixe de sorprender e divertir.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola