Evento: Baladas da Galiza imaxinaria

Baladas da Galiza imaxinaria
venres, 27 maio, 2016 - 21:00
Praza Antonio Palacios,
O Porriño

Baladas da Galiza imaxinaria

Concerto de Uxía Senlle e Narf

UXÍA e NARF funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, non que nos convidan a coñocer as "Baladas da Galiza Imaxinaria".É precisamente esta Galiza Imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos , a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe.

Portan na súa maleta experiencias de intercambio con artistas do mundo lusófono e do da diáspora. Todas e cada unha das cancions teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, con encontros e complicidades.

Un proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Chungo que te cagas
21 de xuño, 17:00
Praza diante da Casa da Cultura - Santa Comba - A Coruña
Concerto
21 de xuño, 21:00
CEIP O Coto - Negreira - A Coruña
Lavandeiras
22 de xuño, 19:00
Centro Sociocultural de San Cosme - Barreiros - Lugo
Momentos máxicos
22 de xuño, 19:00
Campo de Feira - Guitiriz - Lugo