Evento: Ses

Ses
sábado, 1 outubro, 2016 - 22:00
Parque do Espiñeiro en Portonovo,
Sanxenxo

Ses

Concerto con Quempallou

Ses comparte escenario cos Quempallou dentro do Festival de Normalización Lingüística do Concello de Sanxenxo.

Regresa Ses aos escenarios coa enerxía do vento e cancións cheas de verdade e forza. Ses herda a actitude valente e honesta dos grandes nomes cos que comparte condición de cantautora e decide alentar coa súa música a enerxía da forza colectiva que pula por un tempo novo. Cancións para revoltarse e disentir contra o estado de cousas dun sistema que amarra e inmobiliza.

Despois do éxito de Admirando a condición  e Co xenio destrozado, o terceiro disco de Ses, Tronzar os valos confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock.

Máis eventos de tipo Concerto

OS CARUNCHOS - Pasarrúas
19 de agosto
Aira da Malla
Catas sonoras
21 de agosto
Museo do Viño de Galicia
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu