Evento: Xoves Emprendedores: Levántate e anda

  • Xoves Emprendedores
Xoves Emprendedores: Levántate e anda
xoves, 14 abril, 2016 - 19:30
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Xoves Emprendedores: Levántate e anda

Recoñecidas figuras da cultura galega dan conta dos reveses que sufriron antes de poñer en marcha iniciativas exitosas

Emprender implica concibir ideas creadoras, planificar, concretar, facer números, investir tempo, ganas e esforzo e poñer toda a carne no asador. Pero tamén é equivocarse, dar contra a parede, caer e levantarse. Con esta idea, o Centro de Emprendemento pon en marcha Xoves Emprendedores: Levánte e anda, charlas nas que aprender non só dos casos de éxito, senón das malas experiencias. Guiados por Manolo Boquete, e a través do humor, a sorna e a ironía, a Sala Eisenman acollerá historias de aprendizaxe de emprendedores que asumiron o fracaso como un proceso pero que non se apoucaron ante as dificultades e buscaron un camiño polo que seguir adiante. Porque, ás veces, as segundas partes si son boas.

Programa
14 Abr | Emprender é moverse: se non te paras, non hai metas. Esta sesión conta con Patricia de Lorenzo e Yolanda Castaño,  mulleres e emprendedoras que contarán os seus proxectos de longo percorrido no ámbito da cultura e como estes evolucionaron ao longo do tempo.
19 Mai | Emprender é equivocarse: é necesario caer, para saber andar. A veteranía no emprendemento cultural, Antón Reixa e Xosé Manuel Pereiro, iniciaron múltiples proxectos ao longo da súa dilatada carreira, con sortes distintas, e seguen no centro da creacións coas súas empresas.
9 Xuñ | Emprender é aprender: aprender é errar o tiro e avanzar. Entusiasmo e perseverancia son cualidades de Antía Otero e José Manuel Costa, que traballan no asentamento dos seus proxectos e van medrando con eles.

+ info: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xoves-emprendedores-levantate-e...

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello