Evento: Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral
Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral
O Festival Atlántica baséase nunha programación de contadores de historias; ás mañás os contadores achéganse ao mundo dos nenos percorrendo 8 escolas de Compostela e da súa contorna. Na noitiña os contadores amosan as súas historias en diversos locales, viaxando no espazo e no tempo coas narrativas que agacha a historia de Compostela. Programación para todos os públicos.
Nesta edición o protagonista do cartel é o polbo. As lendas, por séculos, falaron do polbo coma dun monstro. Victor Hugo dicía que te podía beber vivo, os noruegueses navegaron sempre con medo ao Kraken. Julio Verne perpetuou o Nautilus entre os brazos enormes de polbos malvados. Mesmo o noso afamado cociñeiro maior, Picadillo, menosprezouno nunha receita. Porén, a mirada azul de Jaques Cousteau, quen dixo que a timidez do polbo é unha reacción prudente fronte a quen se achega a el. Cando comproba que o mergullador é inofensivo, abandona a súa postura, moito antes que calquera outra especie salvaxe.
Os contadores de historias desta edición proceden de España, Cuba, Perú, Portugal, Colombia e Galicia.
Máis eventos de tipo Festival