Evento: Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral

  • Cartel do Festival
Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral
martes, 15 marzo, 2016 - 21:00
Pub Atlántico,
Santiago de Compostela

Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral

Cuarta edición do festival no que se amosa e pon en valor a narración oral de diversos lugares

O Festival Atlántica baséase nunha programación de contadores de historias; ás mañás os contadores achéganse ao mundo dos nenos percorrendo 8 escolas de Compostela e da súa contorna. Na noitiña os contadores amosan as súas historias en diversos locales, viaxando no espazo e no tempo coas narrativas que agacha a historia de Compostela. Programación para todos os públicos.

Nesta edición o protagonista do cartel é o polbo. As lendas, por séculos, falaron do polbo coma dun monstro. Victor Hugo dicía que te podía beber vivo, os noruegueses navegaron sempre con medo ao Kraken. Julio Verne perpetuou o Nautilus entre os brazos enormes de polbos malvados. Mesmo o noso afamado cociñeiro maior, Picadillo, menosprezouno nunha receita. Porén, a mirada azul de Jaques Cousteau, quen dixo que a timidez do polbo é unha reacción prudente fronte a quen se achega a el. Cando comproba que o mergullador é inofensivo, abandona a súa postura, moito antes que calquera outra especie salvaxe.

Os contadores de historias desta edición proceden de España, Cuba, Perú, Portugal, Colombia e Galicia.

Descargas

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos