Evento: Lavandeiras

Lavandeiras
venres, 4 marzo, 2016 - 20:30
Casa da Cultura de Barbadás,
Barbadás

Lavandeiras

Espectáculo de narración oral para adultos con Vero Rilo musicado por Carlos Quintá

O oficio das lavandeiras forma parte do imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da historia. Ao seu redor, as lendas e os contos protagonizadas por este grupo de mulleres sucédense ao longo da xeografía galega, tanto física como identitaria.

Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos que rodean os lavadoiros. Desde as máxicas e fantasmagóricas lavandeiras enchoupadas en sangue que xurdían da noite traendo malos augurios até as cancións populares que compoñían de forma colectiva todas estas mulleres.

A voz de Vero Rilo e a música de Santi Prieto enfían estas pezas nun espectáculo único.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto