Evento: Festas da Santa Cruz

  • Imaxe aérea do Concello de Ribadeo
Festas da Santa Cruz
domingo, 3 agosto, 2014 - 00:00
Monte de Santa Cruz,
Ribadeo

Festas da Santa Cruz

Esta Festa de interese turístico é unha reivindicación da romarías tradicionais, con bailes e cantos e unha ofrenda floral aos pés do Monumento ao Gaiteiro

O primeiro domingo de agosto ten lugar no Monte da Santa Cruz a que podería denominarse A Festa da Gaita, xa que desde as súas orixes homenaxeou a este símbolo de identidade galega. Esa reivindicación da esencia da cultura tradicional o que representa o Monumento ao Gaiteiro instalado en recordo daquelas romarías nas que mozos e mozas botaban a bailar muiñeiras e os gaiteiros paseaban a súa música vestidos cos seus impecables traxes tradicionais entre os alegres romeiros.

Os costumes cambian e o xeito de divertirse tamén, pero hai cousas que se resisten a desaparecer da memoria colectiva, polo que aínda se poden gozar dalgunhas daquelas mostras musicais de gaita e tamboril. Organizada pola asociación ribadense Amigos da Gaita, a festa inclúe un concurso de bailes e cantos e unha ofrenda floral aos pés do Monumento ao Gaiteiro.

A romaría tamén chamada xira, ten lugar no contorno da ermida da Santa Cruz, nun alto desde o que se contempla unha magnifica panorámica. Ano tras ano, rende, pois, homenaxe sincera á gaita e aos gaiteiros e tamborileiros. E faino ao xeito tradicional: en torno ás empanadas, ás sardiñas, ao viño e á queimada.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

A Rapa das Bestas de Sabucedo
4 de xullo a 7 de xullo
Curro de Sabucedo
Festa da Lagosta e da cociña mariñeira
4 de xullo a 6 de xullo
A Guarda
Asalto ao Castelo
4 de xullo a 5 de xullo
Castelo de Vimianzo