Evento: La Traviata

  • Cartel da ópera
La Traviata
mércores, 9 marzo, 2016 - 20:30
Auditorio Municipal Carmen Estévez,
Vilalba

La Traviata

Representación da ópera en tres actos de G. Verdi a cargo da Compañía Concerlírica

La Traviata é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na novela de Alexandre Dumas (fillo) "A dama das camelias", aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Titulada en principio, Violetta, ao parecer está baseada na vida dunha cortesá parisina, Alphonsine Plessis.

A historia de Violetta, unha cortesá namorada dun rapaz de clase alta, é un melodrama e as emocións son universais. Pedro Carrillo interpreta ao pai de Alfredo interpretado á súa vez polo tenor ucraíno Oleg Zlakoman. A soprano Anastacia Golub é unha das mellores Violetas do momento, unha belísima actriz de voz extraordinaria. Xunto aos tres protagonistas ata un centenar de artistas da orquestra e coro da Ópera Nacional de Moldavia ofrecerán un espectáculo de arredor de tres horas de duración achegando aos espectadores as pequenas sutilezas deste drama íntimo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto
Praza do Corgo
A xira do cuarto de século
8 de agosto
Parque Barosa
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento