Evento: La Traviata
La Traviata
La Traviata é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na novela de Alexandre Dumas (fillo) "A dama das camelias", aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Titulada en principio, Violetta, ao parecer está baseada na vida dunha cortesá parisina, Alphonsine Plessis.
A historia de Violetta, unha cortesá namorada dun rapaz de clase alta, é un melodrama e as emocións son universais. Pedro Carrillo interpreta ao pai de Alfredo interpretado á súa vez polo tenor ucraíno Oleg Zlakoman. A soprano Anastacia Golub é unha das mellores Violetas do momento, unha belísima actriz de voz extraordinaria. Xunto aos tres protagonistas ata un centenar de artistas da orquestra e coro da Ópera Nacional de Moldavia ofrecerán un espectáculo de arredor de tres horas de duración achegando aos espectadores as pequenas sutilezas deste drama íntimo.