Evento: Concerto de Böj

  • Imaxe concerto de Böj
Concerto de Böj
venres, 26 febreiro, 2016 - 23:30
Sala Super 8,
Ferrol

Concerto de Böj

Actuación do grupo ferrolán de música folk irlandesa

O grupo Boj nace no ano 2002 con só dous integrantes: Koke Folgueira (guitarra e bouzuoki) e Xaime Villamor (frauta e gaita). O repertorio nesa época do grupo era moi variado, con pezas de diferentes tradicións e folklores como o galego, asturiano, irlandés, escocés e bretón, e as actuacións que facía o grupo eran xeralmente en pubs, festas e algún que outro festival. A finais de 2004 súmase a expedición Pablo Vergara (bodharm) e o grupo segue conservando o seu repertorio habitual.
No ano 2008 coa incorporación ó grupo de Fausto Escrigas (whistles) e Hannah Kitts (violín e baile irlandés) comeza a coller forza o repertorio irlandés e escocés, repertorio baseado na elección de temas da tradicionais, arranxandos e dándolles un toque e un son propio, con tintes de música galega de maneira que fan música irlandesa e escocesa dun xeito persoal á que se suman temas propios.

Durante todos os seus anos de vida foi habendo un ir e vir de compoñentes e incluso momentos críticos para a subsistencia da banda. Nese baile de incidencias tamén se produce o cambio de nome do grupo pasando de Boj (buxo) a Böj (loita batalla en linguas de europa do leste).
Actualmente o grupo está composto por Fausto Escrigas (low whistle y bouzouki), Hannah Kitts (violín e baile irlandés), Matthew Ward (acordeón), Rubén Gómez (guitarra), Pablo Vergara (bodharm) e Ricardo Mouriño (gaita galega, tin whistle e frauta traveseira).  

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
25 de xullo
Auditorio do Grove
Concerto
26 de xullo
Albergue de Briallos
Home Orquestra
26 de xullo
Praia fluvial de San Clodio
OS CARUNCHOS - Pasarrúas
27 de xullo
Parque Rosalía de Castro