Evento: Las Minas Puerto Flamenco

  • Cartel do espectáculo
Las Minas Puerto Flamenco
venres, 19 febreiro, 2016 - 21:00
Auditorio Municipal de Ferrol,
Ferrol

Las Minas Puerto Flamenco

Espectáculo que pretende levar polo mundo todas as especialidades do Flamenco

As Minas Flamenco Tour xorde no ano 2012 como unha iniciativa de internacionalización para levar o Flamenco polos cinco continentes, ademais de organizar xiras por España. Desde entón, visitaron países como Xapón, India, Bélxica, China ou Estados Unidos.

Las Minas Puerto Flamenco é un Musical de noventa minutos, no que os artistas debullan, cada un na súa especialidade, o talento que lles fixo merecedores de ser gañadores do Cante das Minas.
Son dez artistas no escenario, cada un dos principais, é figura na súa especialidade. Non se trata dun espectáculo flamenco ao uso, é un espectáculo singular, non stop, no que os participantes interactúan uns con outros. 
Así, o Cante, está acompañado das Guitarras, que actúan conxuntamente co baile e a percusión, frauta flamenca e caixón, ininterrompidamente. 

Un show cargado de sensibilidade e imaxe; unha viaxe pola historia do Flamenco que pasou polos Portos de España interactuando coas músicas do mundo dos Portos.

Máis eventos de tipo Concerto

O Son do Camiño 2025
12 de xuño a 14 de xuño
Monte do Gozo
II Festival 'Aquí tamén se fala'
13 de xuño
Praza da Tolerancia
Concerto do dúo Mallou
14 de xuño
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
14 de xuño
Casa da Cultura de Bertamiráns