Evento: 10 Años de Noche Sabinera 2006-2016

  • 10 Años de Noche Sabinera
10 Años de Noche Sabinera 2006-2016
sábado, 14 maio, 2016 - 23:00
Playa Club,
A Coruña

10 Años de Noche Sabinera 2006-2016

Espectáculo onde se lembran os grandes clásicos de Sabina de man de Pancho Varona, Antonio García de Diego e Mara Barros

Pancho Varona e Antonio García de Diego son coautores, xunto a Joaquín Sabina, de máis de cen cancións que, na voz áspera do cantautor de Úbeda, desafiaron as barreiras do espazo e do tempo.  Varona e García de Diego xiran, cando Sabina descansa, co espectáculo Noite Sabinera, un gran show nado en Barcelona no ano 2006 e que viaxou ao longo destes anos por toda España e Latinoamérica.
Nos últimos meses incorporouse á xira Mara Barros, unha das voces máis destacadas do país e actual corista de Joaquín sabina.

O espectáculo está dividido en dúas partes, na primeira, os tres escudeiros de Sabina cantan parte do repertorio sabinero; na segunda, o público pode subir con eles a cantar o tema que elixan e ser ''Sabina por un día''.

Máis eventos de tipo Concerto