Evento: Grecia: reinventarse para vivir
Grecia: reinventarse para vivir
Dirección e guión: Elena Zervopoulou; Produción executiva: Elena Zervopoulou; Dirección de fotografía: Elias Adamis, Elena Zervopoulou; Montaxe: Kenan Akkawi; Son: Elena Zervopoulou; Música: Drog_A_Tek; Produción: One Vibe Films.
Grecia. 78 min.
VO en grego con subtítulos en castelán.Entrada libre até completar aforo.
A historia: Giorgos, sen teito tras sufrir os efectos da depresión económica, loita para reconstruír a súa vida; ao mesmo tempo, Ilias implícase no grupo de activistas do movemento da pataca para facerlles fronte ás grandes cadeas de alimentación a través da solidariedade e a democracia directa; pola súa banda, Grigoris vaise da cidade coa súa familia para buscar unha vida mellor no campo. Mentres a crise segue ampliando as desigualdades en toda Europa, a coraxe destes tres personaxes lémbranos que as persoas podemos cambiar a nosa realidade diaria.
Un retrato da recesión grega a través de tres homes que deciden coller as rendas do seu destino para cambialo. Pode ser esta crise unha oportunidade para reinventarnos a nós mesmos e como sociedade?
A directora: Elena Zervopoulou estudou Etnopsicología na Universidade de París 5. Traballou con familias de inmigrantes en París e foi consultora da UNESCO nun proxecto sobre nenos da rúa en Madagascar. Ten o Máster en Antropoloxía e Cinema Documental da Universidade de Nanterre. Realizou distintos proxectos documentais para ONG de todo o mundo. Dirixiu a curtametraxe Sex Gypsies (2012), que forma parte da serie documental Why Poverty? da BBC. Esta é a súa primeira longametraxe.
O documental do mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.