Evento: Grecia: reinventarse para vivir

Grecia: reinventarse para vivir
martes, 26 xaneiro, 2016 - 20:30
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Grecia: reinventarse para vivir

Proxección de O documental do mes no que se aborda a historia de tres gregos que, en tempos de crise, intentan mudar o destino coas súas propias mans

Dirección e guión: Elena Zervopoulou; Produción executiva: Elena Zervopoulou; Dirección de fotografía: Elias Adamis, Elena Zervopoulou; Montaxe: Kenan Akkawi; Son: Elena Zervopoulou; Música: Drog_A_Tek; Produción: One Vibe Films.

Grecia. 78 min.

VO en grego con subtítulos en castelán.Entrada libre até completar aforo.

A historia: Giorgos, sen teito tras sufrir os efectos da depresión económica, loita para reconstruír a súa vida; ao mesmo tempo, Ilias implícase no grupo de activistas do movemento da pataca para facerlles fronte ás grandes cadeas de alimentación a través da solidariedade e a democracia directa; pola súa banda, Grigoris vaise da cidade coa súa familia para buscar unha vida mellor no campo. Mentres a crise segue ampliando as desigualdades en toda Europa, a coraxe destes tres personaxes lémbranos que as persoas podemos cambiar a nosa realidade diaria.
Un retrato da recesión grega a través de tres homes que deciden coller as rendas do seu destino para cambialo. Pode ser esta crise unha oportunidade para reinventarnos a nós mesmos e como sociedade?

A directora: Elena Zervopoulou estudou Etnopsicología na Universidade de París 5. Traballou con familias de inmigrantes en París e foi consultora da UNESCO nun proxecto sobre nenos da rúa en Madagascar. Ten o Máster en Antropoloxía e Cinema Documental da Universidade de Nanterre. Realizou distintos proxectos documentais para ONG de todo o mundo. Dirixiu a curtametraxe Sex Gypsies (2012), que forma parte da serie documental Why Poverty? da BBC. Esta é a súa primeira longametraxe.

O documental do mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.

 

Máis información

 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

La novia del pirata
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
21 de maio
Filmoteca de Galicia
La senda de la esperanza
22 de maio
Filmoteca de Galicia
La novia del pirata
22 de maio
Filmoteca de Galicia