Evento: A Canoa

A Canoa
xoves, 28 xaneiro, 2016 - 20:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

A Canoa

Peza teatral que afonda no problema da violencia de xénero

Versión portuguesa da obra de Cándido Pazo que el mesmo dirixiu para a compañía A Escola da Noite de Coimbra

A Canoa (A Piragua, título orixinal) foi escrita e presentada por primeira vez en Santiago de Compostela en 2007, nunha produción do Centro Dramático Galego. A partir dunha historia medio absurda -o desconcerto dun home co feito de que un veciño garde unha canoa no seu garaxe-, A Canoa afonda no problema da violencia de xénero e na forma en como se relaciona co conxunto de normas, máis ou menos explícitas, en que todos nos movemos.

Ficha artística
Tradución: Cándido Pazó e Sofia Lobo
Elenco: Igor Lebreaud, Maria João Robalo, Miguel Magalhães, Ricardo Kalash, Sofia Lobo
Escenografía: João Mendes Ribeiro e Luisa Bebiano
Figurinos, atrezo e imaxe gráfica: Ana Rosa Assunção
Iluminación: Afonso Castro
Música: Manuel Riveiro Hermo
Vídeo: Eduardo Pinto
Asistencia de dirección: Cristina Janicas
Voz-off: Catarina Moura
Montaxe e operación técnica: Rui Valente e Zé Diogo
Produción: Pedro Rodrigues
Asistencia de produción: Nilce Vicente

Venda de entradas en Abanca ou na billeteira do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Paco Nogueiras : Festival Atlántica
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés