Evento: O principio de Arquímedes
O principio de Arquímedes
O principio de Arquímedes
Drama teatral da compañía Teatro do Atlántico
Sinopse: Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces, de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada– medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece, xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.
Unha das obras gañadoras dos XX Premios de Teatro María Casares.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra