Evento: Barrigaverde ataca de novo
Barrigaverde ataca de novo
Elenco: Borja Insúa Lema
Un feirante de roupa, desesperado polas nulas ventas, vese sorprendido pola aparición dun empresario de sona mundial, que lle merca todo o xénero tenderete incluído. O empresario dase de conta de que o tenderete é unha vella estructura teatral que lle evoca a súa infancia nas romerías galegas, e adquireo en troques de que lle faga a representación do mítico Barrigaverde. O feirante -que é un descendente lonxano do mítico Barrigaverde- tentará como poida, facer a representación. A partires de aquí sucederánse os números máis famosos, dende a tourada, o militar, o enterro e por suposto a sempre elegante aparición do demo… Cumprirá o empresario o seu trato?
Espectáculo da Rede galega de salas. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.