Evento: Orquestra Sondeseu

Orquestra Sondeseu
sábado, 14 maio, 2016 - 20:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón
Concerto de folk europeo contemporáneo a cargo da Orquestra Sondeseu

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus componentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

SonDeSeu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, e-Trad, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama espanol e internacional, con tres publicacións discográficas e numerosos reconecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña