Evento: Facendo literatura coa axuda das técnicas cinematográficas

  • cartel do evento
Facendo literatura coa axuda das técnicas cinematográficas
luns, 18 xaneiro, 2016 - 17:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Facendo literatura coa axuda das técnicas cinematográficas

Obradoiro de metodoloxías cinematográficas, impartido por Adolfo Ponte Velasco

Neste taller exploraranse as metodoloxías cinematográficas como ferramentas para a escritura literaria. 

O curso abrangue todos os aspectos claves e principais do exercicio da escritura como unha actividade creativa, orientada á consecución dunhas formulacións e resultados artísticos.

O curso articúlase ao redor da realización dun bo número de exercicios, con lecturas orientadas e realizando valoracións compartidas en grupo dos traballos escritos polos alumnos, desde o coñecemento das diferentes técnicas literarias, ao dominio da linguaxe como ferramenta narrativa ou poética e a construción dunha estrutura argumental ou trama sobre a que sustentar os contos, relatos ou narracións dos aspirantes á escritura.

Outros exercicios están destinados a estimular a capacidade creativa e a imaxinación do alumno, co coñecemento dun bo número de técnicas específicas de fomento da creatividade. En definitiva, trátase dun obradoiro -exploración das diferentes posibilidades creativas e artísticas ao redor do fenómeno literario. Orientado a todos aqueles que senten a chamada da vocación literaria e precisan coñecer técnicas e recursos que os axuden na tarefa da escritura.

Destinatarios: Maiores de 16 anos.

Prazas limitadas: 15 participantes.

Datas e horario:  Luns e martes: 11, 12, 18 e 19 de xaneiro, de 17:30 a 19:30 h. Salón de actos.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Robótica creativa
14 de xullo a 31 de xullo
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
campamento_castrexo
Campamento castrexo
28 de xullo a 8 de agosto
Museo do Castro de Viladonga