Evento: Superoito

Superoito
venres, 26 febreiro, 2016 - 22:30
Forum Celticum,
Culleredo
Concerto desta banda de rock

Superoito ofrece un espectáculo sonoro composto por máis de vinte cancións seleccionadas a pulso entre os seus tres traballos discográficos. Un repertorio axustado á medida logo de máis de cento cincuenta concertos onde se demostrou autosuficiente para darlle a volta ós escenarios.

Todas e cada unha delas en galego e de auditoría propia, converten cada concerto nunha mostra da eferverscente traxectoria que están a levar. Nesta última etapa, con un equipo de traballo profesional eficaz e logo de renovar todo o seu material sonoro a prol da contundencia eléctrica, están a incluír cancións inéditas do novo disco que verá a luz nos próximos meses, así como dúas adaptacións da súa canción "Non sabes bailar" cantada a maiores en catalán e euskera. Un disparo de ritmos, liñas melódicas e voces para encerrar nunha hora o lado máis gamberro e macarra da banda.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde se celebra.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

French Riviera
24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
MJ Pérez
24 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Anxo Araújo
24 de maio, 22:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña