Evento: Agoraphobia

  • Agoraphobia
  • Carátula do disco
Agoraphobia
xoves, 10 marzo, 2016 - 21:00
Sala Radar Estudios,
Vigo

Agoraphobia

Concerto do grupo galego de rock garage

Agoraphobia é unha banda de rock orixinaria de Boiro. Nacen ao redor do ano 2006, como un cuarteto de amigas de instituto que compartían o gusto pola música punk e as ganas de facer as súas propias cancións. 

Cedo, as súas inquietudes plasmáronse nunha maqueta autoproducida chamada "Mentir e Gobernar", ao máis puro estilo punk. Co paso do tempo a banda foi cambiado de integrantes ata chegar á formación actual: Susana (voz e percusión), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Lucía (baixo) e Paula (batería). E tamén foi evolucionando en xénero musical ata achegarse ao Garage Rock.

Lanzan o seu primeiro EP, "Dirty Little Things" a finais de Setembro do 2014, tras ter gañado o concurso de talentos musicais VODAFONEyu. Foron seleccionadas entre un gran número de propostas de toda a península. Este EP de estrea está cheo de enerxía e letras irónicas.

No 2015 publican "Ready to play" un proxecto financiado mediante crowdfunding.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo