Evento: Os amores de Jacques o fatalista

  • Cartel da obra
Os amores de Jacques o fatalista
venres, 13 xaneiro, 2017 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Os amores de Jacques o fatalista

Obra teatral dirixida por Quico Cadaval

Autor: Denis Diderot

Dirección: Quico Cadaval

Elenco: Víctor Mosqueira

Marcos Orsi

María Costas

Piti Sanz

"O meu antigo amo costumaba dicir que todo o bo ou malo que nos pasa aquí abaixo estaba escrito alá enriba", Denis Diderot

Sinopse: Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o mundo.  Para entreter o camiño,  Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo.  Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes.  Bastantes. 
Este paraíso masculino "estragase" cando aparece en escena a Pousadeira. Ou cando Jacques e o outro chegan á pousada dela. A Pousadeira é tan falangueira como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle moito ser escoitada por tres homes. Si, tres, porque ademais de Jacques e o seu amotamen escoita, atentisimo e calado coma un peto, o marido da Pousadeira. 

Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do adulterio e a libre circulación de fluidos...en definitiva, sobre os amores. 
Tamén se tratan temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.
 

Os artistas en escena son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz,  que se multiplican no cambio de personaxes, de puntos de vista, de posición no campo, de figura do frívolo xadrez imaxinado pola mente libertaria de Denis Diderot.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense