Evento: Davide Salvado

Davide Salvado
domingo, 17 xullo, 2016 - 21:30
Aturuxo,
Bueu
Presentación do novo disco Lobos

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

No directo, Davide Salvado (voz, pandeireta e pandeiro cadrado) está acompañado de Santi Cribeiro (acordeón), Pablo Dalama (saxo e frautas) e Carlos Freire (percusión).

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas salas da Rede galega de música ao vivo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Carabela
8 de agosto, 22:30
Arca da Noe - Vilar de Santos - Ourense