Evento: Mostra de Curtas de Noia

Mostra de Curtas de Noia
luns, 14 decembro, 2015 a sábado, 19 decembro, 2015
Teatro Coliseo Noela,
Noia

Mostra de Curtas de Noia

Máis de 800 fitas foron enviadas para participar nunha das mostras referentes do sector audiovisual en Galicia

O encontro bate récord con 853 cintas enviadas. Tanto o número de traballos recibidos como a cantidade que se repartirá en premios, 9.000 euros, permiten consider a Mostra como un dos referentes do sector audiovisual en Galicia.

España é o estado que máis curtas enviou, pero cómpre destacar outras procedencias, como Estados Unidos, con 22 traballos; Irán, con 21; Francia, con 17; Reino Unido, con 16 ou Alemaña, con 13. Tamén se presentaron artistas de Australia, Exipto, Xapón, Afganistán, Brasil, México, Sri Lanka ouMalasia. Para facilitar a adquisición de entradas, o Concello habilitou a posibilidade de facelo desde a súa web: www.noia.es.

O festival comeza o 14 coa proxección da película de Vacca Films El Desconocido, protagonizada por Luis Tosar, rodada na Coruña e dirixida por Dani de la Torre. O día 15 tócalle a quenda ao xénero documental con Os Días Afogados, que narra o asolagamento polas augas do encoro de Lindoso da poboación de Aceredo. O mércores proxectaranse as curtas locais e comarcais-curta galega. Os horarios de proxección serán sempre ás 20.30 e no Teatro Coliseo Noela. O xoves e o venres proxectaranse as sesións de curtas. A listaxe completa de selección de curtas pode consultarse neste link. O sábado, ás 18.30 proxectarase a última sesión de curtas e a gala de entrega de premios será ás 10 da noite. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos