Evento: Circo de Nadal

  • Cartel do espectáculo
Circo de Nadal
martes, 8 decembro, 2015 - 17:00
Auditorio Pazo de Congresos,
Ourense

Circo de Nadal

Espactáculo de circo para celebrar o 20 aniversario da compañía La Fiesta Escénica

O Circo de Nadal de La Fiesta Escénica é un espectáculo único no mundo polo seu concepto e os seus personaxes animatrónicos, así como pola súa coidada estética, en liña cos shows de gran formato.
Neste 2015, no que se celebra o vinte aniversario da compañía, reunen nun novo espectáculo do Circo do Nadal, máxico e sorprendente, os mellores momentos destes anos e aos seus protagonistas. Toda a maxia do circo, artistas, ximnastas e unha excelente selección musical para toda a familia.

Ambientado na noite de Nadal, o show conta a historia dunha nena que esperta no momento da chegada dos agasallos. Tentará esconderse para non ser descuberta polos traballadores do Polo Norte, pero ao marchar é levada con eles por equivocación. Ao ser descuberta comeza unha máxica aventura repleta de fantasía na que os ananos, elfos e trasgos tratarán de enviar de regreso á nena ao seu fogar antes de que os seus pais esperten.

A nena irase atopando cunha vintena de números circenses...

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés