Evento: The Hole 2
The Hole 2
The Hole 2
Espectáculo que mestura durante máis de dúas horas o cabaret coa revista, incluíndo números circenses
Un insólito espectáculo que rompe moldes. Fresco e descarado, mestura cabaret, teatro, burlesque, circo, música e humor, nun ton divertido, provocador e moi sensual. Un impresionante show do que se pode gozar, comodamente sentado, mentres se toma unha copa e se pica algo.
THE HOLE 2 bebe dos espectáculos de variedades que trouxeron diversión e entretemento noutras épocas difíciles; conserva o máis transgresor daqueles días e fúndeo co mellor do cabaret, o circo moderno e o freak show de Coney Island.
Ligazóns