Evento: En Crudo

  • Cartel do espectáculo
En Crudo
venres, 25 decembro, 2015 - 22:30
Sala Mardi Gras,
A Coruña

En Crudo

Espectáculo de David Perdomo

David Lendoiro Perdomo é un músico, actor e cómico coruñés.

Estudou no Colexio Peñarredonda (A Coruña) e aos 19 anos comezou os seus estudos de arte dramática na Escola Casa Hamlet da Coruña. Durante os catro anos que estivo a se formar como actor, participou nalgunhas curtametraxes e obras de teatro. Ao acabar no ano 2003, realizou diversos cursos en diferentes escolas de formación e especialización nos que chegou a ser alumno de Leo Bassi ou Churri Silva. 
A súa popularidade foi crecendo en Galicia debido ás súas esporádicas aparicións na televisión autonómica e polos seus coñecidos e improvisados monólogos.

Considérase músico por encima de calquera outra profesión. Foi vocalista de diversos grupos ao longo da súa vida e actualmente forma parte de Brainwash, unha banda de death metal ferrolá.
Impartiu clases de interpretación e improvisación en Santiago de Compostela organizado por Caixa Negra Producións.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra