Evento: Varekai
Varekai
Varekai
Espectáculo do Cirque du Soleil
No profundo do bosque, na cima dun volcán, hai un mundo extraordinario, un mundo no que todo é posible. Un mundo chamado Varekai.
Un mozo solitario cae do ceo e comeza a historia de Varekai. Tras lanzarse en paracaídas, cae na escuridade dun bosque máxico, un universo caleidoscópico habitado por criaturas fantásticas, onde comeza unha extraordinaria e ilóxica aventura. Este día, neste lugar de posibilidades, comeza o encanto dunha nova vida.
A palabra Varekai significa "en calquera lugar" en lingua romaní, a lingua dos xitanos, os eternos nómades. Esta produción rende homenaxe ao espírito nómade, á alma e á arte da tradición do circo así como á infinita paixón dos que buscan o camiño que leva a Varekai.
Ligazóns