Evento: Luís Brea y el Miedo

  • Luís Brea y el Miedo
Luís Brea y el Miedo
sábado, 5 setembro, 2015 - 22:00
Sala Mardi Gras,
A Coruña

Luís Brea y el Miedo

Actuación do grupo liderado polo cantautor rock

Luís Brea y el Miedo é o resultado da indagación persoal de Luís Brea nos pensamentos, as emocións, e as "maneiras de vivir" que formaron parte do seu día a día desde que editou "Hipotenusa". Este traballo toma a súa forma final e empeza a adquirir un sentido, todo isto está a ser posible grazas ao apoio de seguidores e ao novo equipo que forma este proxecto. Jorge Martí (guitarra e sintes), Lázaro Fernández (Batería), Nacho Moura (baixo e coros) e Luís Brea (guitarra e voz).
No fondo parece que a idea neste disco é tratar o medo e o mundo en xeral desde a perspectiva dos ollos dun neno sen a carga de experiencia e adaptación cotiá que teñen os adultos e que lles leva ao bloqueo, á furia e á ansiedade. Desde a mirada dun neno, ese medo, non bloquea, é máis curiosidade, empúxa ao coñecemento e fai pensar que todo é unha aventura. Luís volveu atrás no tempo para mirar ao futuro desposuído de prexuízos, tics e costumes tan manidos no pop deste país, dar cabida á ilusión, á crítica e á aceda sinxeleza.

 

Máis eventos de tipo Concerto

THE KROWD - Trío
22 de agosto
Rúa dos Viños
Sandwina
22 de agosto
Ermida San Bartolomeu
Xira 25 aniversario
23 de agosto
Praza de San Sebastián
Concerto
24 de agosto
Paseo do Malecón