Evento: Festival Reina Loba

  • Cartel do Festival
Festival Reina Loba
xoves, 3 setembro, 2015 a domingo, 6 setembro, 2015
Os Blancos,
Os Blancos

Festival Reina Loba

Un festival que aúna música, arte, artesanía e diversión con aprendizaxe e concienciación sobre o respecto á natureza, o medio rural e os valores ecolóxicos.

Un festival que aúna música, arte, artesanía e diversión con aprendizaxe e concienciación sobre o respecto á natureza, o medio rural e os valores ecolóxicos.
Tres días rodeado de amigos e amigas acampando nunha contorna rural incrible. Obradoiros de artesanía, de arte e natureza, ou espazos para pasear pola incrible paraxe natural da Comarca da Limia e Reina Loba. Concertos con bandas que abarcan desde a música mestiza contemporánea que fai vibrar hoxe en día, ás raíces da música tradicional galega e celta.
A organización crea todo este mundo de actividades ao redor dun festival, nos Blancos, porque pretende poñer de relevo os ámbitos rurais, aprender deles e aprender a coidar e respectar a natureza e o impacto que o ser humano exerce sobre ela.
Crear un ambiente para todos e todas, grandes e pequenos, onde saltar e bailar coa música, aprender e compartir a través da arte e a expresión e gozar e respirar unha contorna como este.
O proxecto organízase desde a asociación cultural e artística sen ánimo de lucro Espazo Matrioska, que trata de achegar prácticas e dinámicas artísticas contemporáneas ao medio rural, desde un unha filosofía de sustentabilidade, reciclaxe, traballo en común.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos