Evento: Festival das Artes Escénicas
Festival das Artes Escénicas
En 2007, un grupo de amigos de Riós, puxeron en marcha unha nova iniciativa para promover a cultura en pequenas zonas do rural, con poucas propostas artísticas. A Asociación Cultural da Castaña naceu con este obxectivo e o primeiro proxecto que leva a cabo é un festival cultural en Riós.
Un festival multidisciplinar e interdisciplinar, que combina música, teatro, cine, humor, arte, deporte, gastronomía e compromiso social nun evento que se celebra habitualmente o 13 e 14 de agosto (con motivo do aniversario de Abelardo Gabriel, impulsor do festival, e falecido en 2010).
As actuacións musicais correrán a cargo de Najla Shami, Habitación Vudú, Coral Cantarela de Riós, Gustavo Almeida, actuación do humorista David Perdomo, a maxia do Mago Marco Pombo e moito máis.
Nesta edición os persoeiros que bautizarán os castiñeiros na Ruta do Talento son María do Ceo e Roberto Verino, e a castaña de cristal pola súa traxectoria entrégase a Mercedes Peón.
Máis eventos de tipo Festival