Evento: Festa da empanada

  • Cartel da Festa
Festa da empanada
sábado, 22 agosto, 2015 - 18:00
Bandeira,
Silleda

Festa da empanada

Festa de interese turístico de Galicia de exaltación da empanada

A Carballeira das Silvas de Bandeira é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, a festa da empanada, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servía nos mosteiros e mesóns aos peregrinos que pasaban polas terras do Deza cara a Compostela.
Restaurantes e amas de casa compiten coas súas propias receitas pola mellor empanada nun concurso gastronómico presidido por un xurado experto. Despois, as empanadas premiadas son licitadas entre o público para o seu consumo en grupo. As puxas das peñas, entre a algarabía propia da festa, chegan a acadar cifras desorbitadas, moitas veces destinadas a fins benéficos.
Como é habitual, a xornada dedicada a este prato tan representativo da cociña galega conta con actuacións de bandas de música, grupos de baile e de música tradicional.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Salmón
18 de maio
Varios espazos
Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande